3/18/2013

Das TIC ás TAC

Confeso que escribo esta entrada para saír do paso. Como todos os profes aos que nos tocou vivir a incorporación dos ordenadores ás aulas nos últimos dez anos, téñolles dedicado tempo, dedicación e cursos de formación coma este que agora me obriga escribir unha mínima reflexión sobre as TIC e a educación. Velaquí van unha poucas pingas, aínda que sexan desordenadas e motivadas pola urxencia.
  1. Chegaron para quedar. Cando os ultraportátiles do proxecto Abalar sexan en pouco tempo chatarra tecnolóxica, outros equipamentos entrarán nas aulas. Xa non hai forma de ficar á marxe. Non hai horizonte laboral sen computadoras. Ata os máis aferrados ao xiz, empregan a pizarra dixital aínda que só sexa como vídeo conectado á internet. 
  2. Renovación metodolóxica. Supoño que as maiores reticencias ou temores non son ás máquinas, senón ás súas posibilidades de uso. E máis concretamente os cambios que debemos afrontar para incorporalas. As TIC representan unha oportunidade de innovación educativa. 
  3. TIC-TAC. A onomatopea reloxeira responde á  necesidade de pasar rapidamente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación ás Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento. Este é realmente o cerne da cuestión, conserguirmos integralas no currículo escolar. Non cambiar a pedagoxía pola tecnoloxía.
  4. Autonomía e Avaliación. Se as TIC favorecen a autonomía da aprendizaxe (co cambio de papel dos docentes), tamén se deben incluír procesos de autoavaliación.




Sem comentários:

Enviar um comentário