A Pingueira
Acuarelas de Lingua Galega e Literatura (1.º ESO)
4/11/2013
3/28/2013
3/19/2013
Manuel Curros Enríquez
Dúas presentacións para traballar no vindeiro mes de abril. A primeira delas estará dispoñible axiña.
Cristal Curros from tintarras
3/18/2013
Das TIC ás TAC
Confeso que escribo esta entrada para saír do paso. Como todos os profes aos que nos tocou vivir a incorporación dos ordenadores ás aulas nos últimos dez anos, téñolles dedicado tempo, dedicación e cursos de formación coma este que agora me obriga escribir unha mínima reflexión sobre as TIC e a educación. Velaquí van unha poucas pingas, aínda que sexan desordenadas e motivadas pola urxencia.
FONTES
Caderno de Lingua
http://cadernodelingua.wordpress.com/2009/12/01/propostas-tic-para-o-desenvolvemento-da-competencia-linguistica/
Presentacións de Manuel Area Moreira (http://ordenadoresenelaula.blogspot.com.es/)
http://www.slideshare.net/manarea/presentations
- Chegaron para quedar. Cando os ultraportátiles do proxecto Abalar sexan en pouco tempo chatarra tecnolóxica, outros equipamentos entrarán nas aulas. Xa non hai forma de ficar á marxe. Non hai horizonte laboral sen computadoras. Ata os máis aferrados ao xiz, empregan a pizarra dixital aínda que só sexa como vídeo conectado á internet.
- Renovación metodolóxica. Supoño que as maiores reticencias ou temores non son ás máquinas, senón ás súas posibilidades de uso. E máis concretamente os cambios que debemos afrontar para incorporalas. As TIC representan unha oportunidade de innovación educativa.
- TIC-TAC. A onomatopea reloxeira responde á necesidade de pasar rapidamente das Tecnoloxías da Información e a Comunicación ás Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento. Este é realmente o cerne da cuestión, conserguirmos integralas no currículo escolar. Non cambiar a pedagoxía pola tecnoloxía.
- Autonomía e Avaliación. Se as TIC favorecen a autonomía da aprendizaxe (co cambio de papel dos docentes), tamén se deben incluír procesos de autoavaliación.
FONTES
Caderno de Lingua
http://cadernodelingua.wordpress.com/2009/12/01/propostas-tic-para-o-desenvolvemento-da-competencia-linguistica/
Presentacións de Manuel Area Moreira (http://ordenadoresenelaula.blogspot.com.es/)
http://www.slideshare.net/manarea/presentations
3/04/2013
Bestiario
Xa está na rede o bestiario elaborado polos alumnos e alumnas de 1.º ESO. Levou o seu tempo dixitalizar e subir as ilustracións, pero quedou un conxunto vistoso. Porén, o máis importante é salientar que a maioría das redaccións non se axustan ás características dos textos descritivos que se pedía neste exercicio.
2/28/2013
Despegamos
Subscrever:
Mensagens (Atom)